×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Federación Española de Industrias de Alimentación e Bebidas (FIAB) organizará o Pavillón Español na Feira de Participación Agrupada Winter Fancy Food 2017 que terá lugar do 22 ao 24 de xaneiro de 2017 en San Francisco (EEUU).

A Fancy Food Show é un certame organizado desde 1955 por NASFT, National Association for the Specialty Food Trade´s Fancy Food Shows (Asociación Nacional de Feiras de Especialidades Alimentarias e Produtos Gourmet). Esta feira celébrase dúas veces ao ano: WINTER FANCY FOOD en San Francisco e SUMMER FANCY FOOD en Nova Iorque.

A WINTER Fancy Food Show, é a edición invernal que cobre o mercado da Costa Oeste, sendo esta a exposición de produtos gourmet e delicatesen máis relevante e de maiores dimensións da Costa Oeste dos Estados Unidos. Na pasada edición, esta Feira acolleu 1500 expositores, contando coa participación de 15 pavillóns internacionais.

O mercado de EEUU

Estados Unidos segue sendo o primeiro socio extracomunitario de España e o sexto a nivel global (só por detrás de Francia, Italia, Portugal, Reino Unido e Alemaña). As exportacións españolas a EEUU chegaron aos 1.288 millóns € en 2015, crecendo no período 2014-2015 un 9%.

En canto a produtos, os máis demandados son o viño, o aceite de oliva e as aceitunas. Ademais nos últimos anos aumentou exponencialmente a demanda de produtos como o queixo e as conservas en vinagre.

O mercado estadounidense mostra unha demanda específica e crecente polo produto español e pola marca España, non só nos produtos máis tradicionais senón noutros novos e especializados.

O prazo de inscripción estará aberto ata o día 9 de novembro

Pode obter máis información sobre a Feira e a participación aquí