×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Este ano, como en ocasións anteriores, vaise realizar o V Taller internacional de márketing expertise en innovación aberta e comercialización da innovación, organizado pola Universidade de A Coruña en colaboración co IGAPEX, nas cidades de Santiago de Compostela e A Coruña. Esta vez a xornada levará por título a Innovación e creación de riqueza empresarial: A experiencia alemá de apoio a empresarios e PEMEs innovadoras e proxectos de coinversión no mercado alemán e contará coa presenza do experto Joaquín Sucheiron de Badem-Würtember Connected e de Jürgen Janovsky da Universidade de Pforzheim, para comentar a experiencia alemán coas spin-offs ligadas ás universidades.

PROGRAMA

Día: 21 de setembro

Lugar: IGAPE (Complexo Administrativo San Lázaro) en Santiago de Compostela.

09:45 Recepción de asistentes

10:00 Apertura: autoridades e presentación do seminario polo Prof. Andrés Faíña, do Posgrado en Xestión Empresarial da Innovación (UDC).

10:15 Conferencia: Prof. Janowsky, “Startups con vinculación ás universidades: a visión dende Alemania"e D. Joaquin Soucheiron, “A experiencia alemá no apoio aos empresarios e PEMEs innovadoras”.

11:15 Pausa para café

11:30 Panel de discusión sobre empresas e proxectos innovadores e posibilidades de coinversión con expertos e empresas alemáns. (Posibilidade de solicitar tempo para presentación e comentario de casos de interese dos participantes). Finalización ás 13:30.

Día: 22 de setembro

Lugar: A Coruña.

Maña: CITIC Centro de investigación TIC do Campus de Elviña (A Coruña).

11:00 Recepción de asistentes. Charlas: Prof. Janowsky, “Startups con vinculación ás universidades: a visión dende Alemania” e D. Joaquin Soucheiron, “A experiencia alemá na preparación e lanzamento de proxectos e PEMEs innovadoras”.

12.00 Pausa para café

12.15 Panel de discusión sobre empresas e proxectos innovadores e as posibilidades de coinversión con expertos e empresas alemáns. (Posibilidade de solicitar tempo para presentación e comentario de casos de interés dos participantes).

Tarde: Facultade de Economía e Empresa do Campus Elviña (A Coruña).

18:15 Recepción de asistentes

18:30 Apertura autoridades e presentación do seminario

18:30 Presentación e charla de D. Joaquín Soucheiron, “A realidade empresarial da creación de empresas e proxectos innovadores”

19.30 Fin do seminario

MAIS INFORMACIÓN

As solicitudes para solicitar tempo para presentación e comentario dos casos de interese dos participantes, deberanse enviar por email con suficiente antelación a MCP@igape.es e posgrado.innovacion@udc.es

Programa Inscrición