×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O vindeiro 22 de xaneiro pecha o prazo para presentar solicitudes á convocatoria de axudas do Programa Conecta Peme, que apoia a realización de proxectos de Investigación e Innovación orientados ao mercado, desenvolvidos por agrupacións de empresas en cooperación con outros axentes do Sistema Galego de Innovación e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 de Galicia.

Nesta terceira edición, o programa conta cunha dotación orzamentaria de 25 millóns de euros, para financiar arredor de 50 proxectos en catro modalidades: investigación industrial, desenvolvemento experimental, innovación en materia organizativa e innovación en procesos.

Na páxina web da Axencia Galega de Innovación (GAIN) está dispoñible o texto consolidado, incluíndo as modificacións da corrección de erros publicada o 4 de xaneiro no DOG.

Asemade, co obxectivo de resolver posibles dúbidas sobre a convocatoria, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) realizará un último taller de traballo, que se celebrará en Santiago de Compostela, o próximo día 14 de xaneiro na sede da Axencia na rúa Airas Nunes, s/n, Conxo.

Para máis información sobre o taller na seguinte hiperligazón, no enderezo electrónico servizos.gain@xunta.es e nos teléfonos 981957008 / 981957393.

Programa