×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Fundación Universidad- Empresa Gallega (FEUGA) organiza en colaboración con Food Processing Initiative e Fraunhofer UMSICHT o evento de peche do proxecto europeo, Solucións para a fabricación sostible de lácteos SUSMILK. A conferencia é organizada en colaboración coa Federación Nacional de Industrias Lácteas (FENIL), a Plataforma Food for Life Spain e o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA).

A conferencia pretende mellorar o coñecemento sobre coma afecta a sustentabilidade a súa competitividade, como contribúe o aforro de recursos e porque debe terse en conta no funcionamento e adaptación das tecnoloxías produtivas.

O evento terá lugar en Santiago de Compostela, o 22 de setembro, incluíndo conferencias paralelas, sesións de pósters e encontros profesionais, así coma visitas técnicas o 23 de setembro.

O proxecto SUSMILK

Na industria alimentaria europea, o sector lácteo representa o 13% do total da facturación e o 10% da taxa de emprego. Ademais, a industria láctea subministra produtos que favorecen a saúde e o benestar, axuda ao desenvolvemento sostible das zonas rurais e contribúe a unha mellor xestión do territorio. Esta relevancia económica, medioambiental e social fai da sustentabilidade un reto estratéxico para a industria.

A idea principal do proxecto de colaboración Re-deseño da industria láctea para a elaboración de lácteos sustentables (SUSMILK) é analizar e optimizar toda a cadea de procesos do leite e dos produtos lácteos no que respecta á enerxía e o consumo de auga. O proxecto ten como obxectivo o desenvolvemento de novos conceptos e tecnoloxías para a subministración de calor, frío e electricidade e a súa integración nas diferentes etapas de proceso. Unha parte central do proxecto é a integración de tecnoloxías innovadoras e eficientes nun concepto de industria láctea verde.

Neste sentido a conferencia final SUSMILK Solucións para a fabricación sostible de lácteos ofrece a oportunidade de coñecer solucións, tecnoloxías e desenvolvementos sostibles para a fabricación de lácteos (conferencias, sesión de pósters e visitas técnicas) así coma a posibilidade de establecer contactos informais con expertos e outros profesionais do sector para intercambiar ideas e debater solucións (B2B matchmaking).

A conferencia vai dirixida a: Industria láctea europea, incluíndo a gandeiros e cooperativas; provedores de tecnoloxía, investigadores, administración e medios de comunicación especializados.

Prazo de inscrición

A data límite para presentar o proxecto na sesión de posters finaliza o 31 de xullo de 2016. A data límite de inscrición para asistir á conferencia é o 31 de agosto de 2016.

Mais información

Pode consultar mais información na seguinte ligazón ou a través do enderezo electrónico susmilkconference@feuga.es.

Programa Susmilk