×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

FIAB, có apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e medio ambiente (MAGRAMA), organizará o Pavillón Español na feira Supermarket Trade Show que terá lugar en Tokio (Makuhari Messe) do 15 ao 17 de febreiro de 2017.

A feira Super Market Trade Show (SMTS) está considerada como a principal feira comercial en Asia no relativo ao subministro de supermercados, celébrase dende 1966, adquirindo en 2006 dimensión internacional. A organización está a cargo da New Supermarket Association of Japan (NSAJ) que é a asociación de supermercados de alimentación máis grande de Xapón, e que mantén unha relación estreita có Ministerio de Economía, Industria e Comercio.

A SMTS está experimentando unha continuada e forte tendencia ao crecemento tanto en empresas expositoras como en visitantes profesionais, o que reflicte o crecente interese por este evento entre os distintos actores participantes na canle da distribución minorista. Na última edición máis de 90.000 persoas visitaron a feira que contaba con case 3.500 stands.

Prazo de inscrición e máis información

O prazo máximo de inscrición e pago remata o 9 de setembro.

Convocatoria