×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A SuperMarket Trade Show de Xapón está considerada como a principal feira comercial en Asia no relativo ao subministro de supermercados. O evento lévase celebrando dende 1966, converténdose nunha feira consolidada no sector. Como o próximo ano celebrará o seu 50 aniversario, uniranse catro exposicións máis a esta feira baixo o nome “Food Table in Japan 2016”. Trátanse da Kodawari Food FAIR, a Organic Expo, a Delicatessen Trade Show e a Gaisyoku Food Table.

A organización corre a cargo da New Supermarket Association of Japan (NSAJ), a asociación de supermercados de alimentación máis grande de Xapón. Ten aproximadamente 450 membros (sobre 8000 supermercados de todo Xapón) e máis de 650 socios colaboradores. A metade de tódolos supermercados de Xapón son membros da NSAJ, con ingresos totais de 11 trillóns de yens.

Constará de:

Reunións de negocios

As empresas e profesionais participantes no evento terán habilitados espazos para manter encontros con compradores de supermercados locais e grandes almacéns.

Seminarios

Desenvolveranse seminarios e conferencias impartidos por expertos nos que se facilite información útil sobre a industria da distribución.

Asesoramento e consultas

Durante o evento, en torno a 60 consultores de produtos percorreran a exposición dando consellos e asesorando aos diferentes expositores.

Presentacións

Os expositores interesados terán a oportunidade de facer presentacións de 45 minutos sobre os seus produtos ou servizos.

Inscricións