×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

No ámbito da Estratexia de internacionalización, vai desenvolverse o III e IV taller Marketing Expertise, organizado polo Igape en colaboración da cátedra Jean Monnet da Universidade da Coruña e centrado na Innovación Aberta e Comercialización da Innovación en mercados internacionais. O obxectivo deste taller é sintonizar as liñas de investigación coas necesidades da industria.

Comercialización internacional de tecnoloxía en innovación aberta: sintonizando líneas de investigación e necesidades da industria

Data e lugares de realización:

  • 18 de febreiro, a partir das 09:45 horas. Confederación de Empresarios de Galicia (Santiago de Compostela).
  • 19 de febreiro, a partir das 17:45 horas. Facultade de Economía e Empresa (A Coruña).

Este terceiro encontro técnico contará coa participación do Dr. P.A. Breddels, desarrollador de negocios no Holst Centre Research Institute (Países Baixos) e presidente de Condorvista, empresa especializada no asesoramento en desenvolvemento de Negocios para Empresas de alto contido tecnolóxico (start up). Ademais está comprometido con numerosas compañías de alta tecnoloxía holandesas e alemás para axudarlles a incrementar as súas actividades de negocio en Asia e América Latina.

O evento tamén contará coa intervención do Dr. Jürgen Janovsky, profesor na Universidade de Pforzheim (Alemaña), responsable do desenvolvemento e xestión de proxectos de colaboración con empresas privadas e autoridades públicas. Experto en Xestión da Innovación, Transferencia de Tecnoloxía e Desenvolvemento de Pemes.

Mais información

Comercialización da innovación: prácticas das compañías multinacionais

Data e lugares de realización:

  • 25 de febreiro, a partir das 09:45 horas. Confederación de Empresarios de Galicia (Santiago de Compostela).
  • 26 de febreiro, a partir das 18:00 horas. Facultade de Economía e Empresa (A Coruña).

Este cuarto encontro técnico contará coa participación do Dr. Rudolf Albert, ex-xerente de distribución global no Grupo Wrighleys antes de unirse á Escola de Negocios da Universidade de Pforzheim (Alemaña). Operou en 54 países, desempeñando importantes funcións en América Latina.

O evento tamén contará coa intervención do Dr. Jürgen Janovsky, profesor na Universidade de Pforzheim, responsable do desenvolvemento e xestión de proxectos de colaboración con empresas privadas e autoridades públicas. Experto en Xestión da Innovación, Transferencia de Tecnoloxía e Desenvolvemento de Pemes.

Mais información