×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Achegar ás empresas, asociacións, clusters, centros tecnolóxicos e outros organismos intermedios interesados a información detallada sobre as bases que rexerán a próxima convocatoria de premios e axudas aos proxectos piloto fábrica 4.0 en Galicia, é o obxectivo da xornada técnica que se desenvolverá o próximo 9 de decembro en Santiago de Compostela, organizada polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

O obxectivo desta próxima convocatoria de axudas é seleccionar proxectos demostradores que, pola diversidade de tecnoloxías aplicadas, pola coherencia cos obxectivos das empresas implicadas e a súa factibilidade técnica e económica, podan servir como futuros puntos de arranque e impulso da diversificación e dixitalización de instalacións produtivas que se pretende acadar no marco da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0.

As convocatorias incluirán premios de 25.000 euros para cada un dos organismos intermedios que presente algún dos proxectos finalmente seleccionados e axudas que poderán chegar a 1.000.000 de euros a repartir entre as empresas implicadas en cada un dos proxectos gañadores.

O encontro informativo incluirá roldas de preguntas e espazos para encontros multilaterais entre os participantes.

Programa:

10:00 h. Apertura Javier Aguilera, Director Xeral IGAPE

10:30 h. Desenvolvemento polo miúdo das previsións e condicións establecidas nas bases de premios e axudas Norberto Penedo, Director Área Competitividade IGAPE

11:30 h. Rolda de preguntas

12:00 h. Peche do acto Francisco Conde, Conselleiro Economía, Emprego e Industria

Coffee networking e espazos para encontros multilaterais entre os participantes

Inscripcións na seguinte hiperligazón.