×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Cluster Alimentario de Galicia organiza, conxuntamente co Master en Dirección e Xestión de Comercio Exterior da Universidade de Santiago, un programa de formación en marketing internacional para o sector mar-industria que conta co apoio da Consellería do Mar e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.

O programa formativo, cunha duración de 90 horas levarase a cabo entre xaneiro e xuño de 2018, constando de dez sesións presenciais que se levarán a cabo en venres alternos. No curso impartiranse os módulos co fin de dotar aos participantes dos coñecementos necesarios para afrontar con éxito a súa saída ou expansión no mercado internacional. Os asistentes poderán obter ao final do curso un diploma oficial acreditativo da formación.

O programa está dirixido a xerentes, equipo de marketing e comerciais das empresas e asociacións do sector mar-industria.

Nunha segunda fase, ata un máximo de sete das empresas participantes poderán obter un Plan de internacionalización elaborado adhoc polos estudantes do Mascomex aos que se lle asignará un profesor-titor que os orientará e guiará na elaboración.

Pode obter máis información en international@clusaga.org ou no teléfono 629 991 023

Programa Inscrición