×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de misións tecnolóxicas está a organizar unha misión directa, entre os días 24 e 28 de abril de 2017, coa visita a Feira Tecnolóxica Hannover Messe.

O obxectivo da misión é o coñecemento das últimas novidades tecnolóxicas no eido da automatización industrial, a factoría dixital, a enerxía, a subministración industrial ou a investigación e a tecnoloxía produtiva, considerando que Hannover Messe é a principal feira tecnolóxica no conxunto dos sectores industriais.

Hannover Messe

As solucións de industria integrada e a creación de valor serán o tema central da feira. Hannover Messe 2017 mostrará exemplos de aplicacións concretas nesta área, demostrando que incluso empresas con recursos limitados poden identificar e aproveitar o poder da dixitalización. A feira conta asemade con numerosos eventos paralelos, divididos en foros, conferencias, eventos especiais, premios ou matchmakings.

A pasada edición de 2016 contou coa participación de máis de 5.200 empresas expositoras e máis de 190.000 visitantes, dos cales máis de 50.000 proviñan do estranxeiro destacando a presenza chinesa ao redor dos 6.000 visitantes. Esta afluencia reafirma a posición da Hannover Messe como cita ineludible para a Industria 4.0.

A misión directa

A misión directa do Clúster Alimentario de Galicia inclúe o apoio á elaboración da axenda individualizada e conxunta con actividades adicionais e o apoio aos custos de viaxe e aloxamento. Pode consultar a información completa na convocatoria adxunta.

Máis información

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Convocatoria Inscrición