×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de misións tecnolóxicas está a organizar có apoio do IGAPE unha misión directa á Hi Europe & Ni de Frankfurt (Alemaña), entre os días 29 de novembro e 1 de decembro.

A Misión ten como obxectivo coñecer as últimas tendencias, así como as solucións e ingredientes innovadores que se están a desenvolver na industria alimentaria e das bebidas, especialmente no ámbito da saúde e dos ingredientes naturais.

A feira Hi Europe & Ni

A Feira lévase a cabo no Messe Frankfurt Exhibition GmbH, Frankfurt, entre os días 29 de novembro e 1 de decembro. A Hi (Health ingredients) & Ni (Natural ingredients) é unha das maiores Feiras alimentarias especializada en ingredientes alimentarios. Nesta feira danse cita os principais provedores de ingredientes naturais e saudables e céntrase sobre todo nas innovacións que se están a desenvolver neste mercado. Na pasada edición a Feira contou con 200 expositores de mais de 40 países e tivo máis de 8.000 visitantes, procedentes de 94 países diferentes.

Nesta edición a feira formará parte da Semana da Saúde e a Nutrición, contando cós mellores especialistas mundiais neste eido e ofrecendo oportunidades para a creación de redes, aprendizaxe social e oportunidades de negocio; así como o coñecemento das últimas tendencias na industria. Asemade a Feira vai organizar unha serie de tours guiados e ofrece a posibilidade de participar nas distintas conferencias que se levarán a cabo durante os días da feira, orientadas a distintas fases do proceso de desenvolvemento de produtos: procura de tendencias, i+d, estratexia e marketing.

A participación na misión

A misión directa do Cluster Alimentario de Galicia inclúe o apoio á elaboración da axenda individualizada e conxunta con actividades adicionais e o apoio aos custos de viaxe e aloxamento (a porcentaxe máxima de subvención poderá ser do 75 % para PEMES e de 15 % para grandes empresas unha vez descontados os gastos de xestión).

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Convocatoria Web Hi Europe