×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de misións tecnolóxicas está a organizar unha misión directa, entre os días 25 e 28 de abril de 2016, coa visita á Feira Tecnolóxica Hannover Messe.

A finalidade da misión é o coñecemento de primeira man das últimas novidades tecnolóxicas no eido da automatización industria, a factoría dixital, a enerxía, a subministración industrial ou a investigación e a tecnoloxía produtiva, considerando que a Hannover Messe é a principal feira tecnolóxica no conxunto dos sectores industriais a nivel mundial.

Hannover Messe

A flexibilidade e a produción individualizada, así como a loxística optimizada son requisitos previos para seguir sendo competitivos. Na Hannover Messe, os visitantes das industrias manufactureiras poderán ver os exemplos máis vangardistas de como converter as plantas de produción en fábricas do futuro a través dunha imaxe completa da cadea de valor. Onde a eficiencia enerxética, a automatización industrial, a factoría dixital, a tecnoloxía e o subministro industrial ocupan as principais áreas da mostra nesta edición.

As solucións de industria integrada será o tema central da feira, en canto as tecnoloxías da industria 4,0 están chegando ao mercado, Hannover Messe 2016 mostrará exemplos de aplicacións concretas nesta área. A feira conta asemade con numerosos eventos paralelos, divididos en foros, conferencias, eventos especiais, premios ou matchmakings.

A misión directa

A misión directa do Clúster Alimentario de Galicia inclúe o apoio á elaboración da axenda individualizada e conxunta con actividades adicionais e o apoio aos custos de viaxe, aloxamento e entradas (a porcentaxe máxima de subvención poderá ser do 90% para PEMES e de 25% para grandes empresas) suxeito a un número mínimo de participantes e da confirmación de apoio do IGAPE. O custe de inscrición e xestión é de 150 € para socios.

Máis información

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062. Data límite de inscrición: 25 de febreiro de 2016.

Convocatoria Información