×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración co IGAPE, organiza unha misión inversa os días 8, 9 e 10 de maio de 2017 coa visita a Galicia de varios importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas de EEUU e México.

Os mercados de EEUU e México

Estados Unidos, con máis de 300 millóns de persoas, é o terceiro país mais poboado do mundo e unha das primeiras potencias económicas mundiais. Ademais, é o segundo maior importador de alimentos e bebidas, detrás de China, polo que este mercado resulta de especial interese.

Para nós, Estados Unidos é o principal socio comercial fóra da UE. Este mercado representou en 2016 o sexto destino das exportaciós totais españolas (4,5% do total) . Destas exportacións, un 13.16% foron alimentos.

México, considerado pola OMC o 13º exportador e o 12º importador do mundo, viviu unha interesante transformación do seu comercio exterior nos últimos anos. A liberalización da súa economía dende a década dos 80 a través da firma de numerosos acordos fixeron de México unha importante plataforma tanto para a exportación como para a importación.

Non cabe dúbida de que Latinoamérica, por razóns históricas e culturais, pero tamén e cada vez máis por razóns económicas, é unha área de vital importancia na política exterior de España, sendo México un dos principais socios comerciais da rexión.

A misión comercial

O esquema destes encontros consistirá na organización de xuntanzas individuais con compradores convidados. Ademais, poderán organizarse visitas ás fábricas e bodegas das empresas inscritas.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas ou visitas, así como a difusión previa do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores invitados.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en international@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Convocatoria Inscrición