×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

EU Gateway organiza unha misión directa a China para o próximo mes de maio no ámbito dos Servizos e Tecnoloxías en Seguridade Alimentaria.

China é o maior produtor alimentario no mundo, alcanzando un valor en 2015 de 1,66 trillóns de euros. Nos últimos anos a crecente preocupación pola seguridade alimentaria levou ás empresas a mellorar os seus estándares de seguridade e calidade, co obxectivo de achegarse aos procesos de produción europeos.

Neste marco, preséntase unha oportunidade de negocio para as empresas europeas no ámbito de equipamento de seguridade, procesos de trazabilidade, mantemento de cadeas de frío (almacenamento e transporte).

Ante esta oportunidade EU Gateway ofrece ás empresas interesadas servizos de coaching e promoción, así como a participación nunha misión directa que terá lugar do 15 ao 19 de maio, coincidindo ademais coa Feira Sial China que os participantes terán oportunidade de visitar. Pode obter máis información sobre a iniciativa da EU Gateway aquí.

O prazo para participar estará aberto ata o día 20 de xaneiro de 2017.

Programa