×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de accións Meet the Buyer está a organizar unha misión inversa, entre os días 7 ao 8 de marzo do 2016, coa visita a Galicia de varios compradores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas dos principais centros e cadeas do canal HO.RE.CA.

A finalidade do programa desenvolto polo Clúster é a promoción nas cadeas líderes en hostalería e os centros de restauración máis innovadores dos produtos alimentarios e bebidas galegas, así como reforzar a súa presenza no mercado de consumo final fóra do fogar. Buscándose establecer relacións comerciais entre as empresas produtoras galegas e os diferentes actores máis dinámicos do Estado.

O esquema destes encontros consiste na organización de xuntanzas individuais con compradores convidados, e encontros colectivos e presentacións, asemade, organizaranse visitas ás fábricas das empresas inscritas.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas ou visitas, así como a difusión previa do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores invitados.

Máis información

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062. Data límite de inscrición: 2 de marzo de 2016.

Convocatoria