×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de accións Meet the buyer, está a organizar unha misión inversa, entre os días 15 a 17 de maio, coa visita a Galicia de tres importadores e distribuidores de viños en Dinamarca.

A finalidade do programa desenvolto polo clúster é a promoción no mercado danés dos viños galegos, así como reforzar a súa presenza no mercado a través dos importadores convidados. O obxectivo final é fomentar o establecemento de relacións comerciais entre as empresas produtoras galegas e os diferentes actores do país.

O mercado danés

Dinamarca é un país estable política e socialmente, con unha das rendas per cápita máis altas do mundo (48.870€/habitante). O sector exterior presenta un considerable grado de apertura: as exportacións de bens incrementáronse un 5,6% en 2017 ata os 89.865 millóns de euros e as importacións, cun importe de 81.569 millóns de euros aumentaron un 6,1% respecto ao ano anterior.

Pese a ser un país de tan só 5,6 millóns de habitantes, é un mercado interesante para o viño xa que o consumo per cápita en 2016 situouse en 35 litros. Ademáis ao ser moi escasa a produción local, practicamente todo o viño consumido é importado, sendo as importacións no ano 2017 un total de 184,9 millóns de litros.

España é o cuarto exportador de viño en termos de valor en Dinamarca. O volumen de exportacións de alimentación e bebidas de Galicia a Dinamarca aumentou durante os últimos anos. No 2017 exportáronse cerca de 8.000.000 de euros (un 32% máis respecto ao 2016), dos cales un 3,17% foron bebidas, cerca de 250.000 euros.

A misión inversa

A misión desenvolverase os días 15 e 16 de maio.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas, encontros ou visitas, así como a difusión do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores convidados.

Modalidades: visita a bodegas en Galicia, encontros e entrevistas en Santiago de Compostela.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en international@clusaga.org ou no teléfono 629 991 023. O prazo de preinscrición é limitado ata o dia 13 de abril.

Inscrición Programa