×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), dentro do programa de accións Meet the buyer e coa colaboración do IGAPE, está a organizar unha misión inversa, entre os días 24 a 26 de outubro de 2016, coa visita a Galicia de entre tres e cinco importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas en Xapón.

O mercado de Xapón

Xapón, cunha poboación de 127,08 millóns de persoas, é a terceira economía do mundo e o cuarto importador mundial de mercadorías. En 2015, o valor das exportacións españolas cara Xapón foi de 2.470.107,44 miles de €, dentro dos cales máis do 25% pertencen a produtos do sector alimentario.

En particular, as exportacións de produtos españois a Xapón concéntranse nos seguintes produtos: produtos cárnicos; graxas e aceites; bebidas; pescados, crustáceos e moluscos e froitas e legumes.

A misión comercial

A misión desenvolverase os días 24, 25 e 26 de outubro 2016.

O esquema destes encontros consistirá na organización de xuntanzas individuais con compradores convidados, e encontros colectivos e presentacións, asemade, poderán organizarse visitas ás fábricas e bodegas das empresas inscritas.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas ou visitas, así como a difusión previa do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores invitados.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

O prazo de pre-inscrición é limitado ata o dia 30 de setembro.

Convocatoria Inscrición