×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), dentro do programa de accións Meet the buyer e coa colaboración do IGAPE, está a organizar unha misión inversa, entre os días 5,6 e 7 de abril de 2017, coa visita a Galicia de tres importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas no Reino Unido e Irlanda.

O mercado de Reino Unido e Irlanda

Reino Unido é a quinta economía máis grande do mundo e a segunda da UE, despois de Alemaña. Nos últimos anos vense producindo un reforzamento das relacións comerciais entre España e Reino Unido. No ano 2016 o Reino Unido foi o cuarto destino das exportacións españolas. En canto importacións, Reino Unido foi o séptimo país de orixe do total das nosas importacións. O sector agroalimentario é un dos estratéxicos para as exportacións españolas no país anglosaxón, destacando , por exemplo, os produtos frescos ou o aceite de oliva.

Irlanda é unha pequena economía pero moi aberta ao exterior. En 2015 España ocupou, segundo o ICEX, a posición número 12 dos países proveedores a Irlanda. O total das importacións irlandesas ó noso país foron de 1432,7 millóns de euros, dos que o 12,73% foron produtos alimentarios e bebidas. No sector agroalimentario, España ocupa un papel destacado como subministrador de froitas e hortalizas. Tamén ofrece oportunidades en algúns nichos de mercado como o dos produtos gourmet e o viño.

A misión comercial

A misión desenvolverase os días 5,6 e 7 de abril de 2017.

O esquema destes encontros consistirá na organización de xuntanzas individuais con compradores convidados, e encontros colectivos e presentacións, asemade, poderán organizarse visitas ás fábricas e bodegas das empresas inscritas.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas ou visitas, así como a difusión previa do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores invitados.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Convocatoria Inscrición