×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), dentro do programa Meet the Buyer está a organizar unha misión comercial inversa para o sector vitivinícola os días 20 e 22 de xuño de 2016, coa visita a Galicia dunha delegación de cinco importadores e distribuidores de Holanda. A finalidade do programa desenvolto polo clúster é estreitar relacións comerciais cos distribuidores destes mercados para impulsar as exportacións dos viños galegos aos Países Baixos.

O mercado do viño en Holanda

Holanda convértese cada vez máis nun país de cultura e consumidor de viño, de feito o consumo aumentou considerablemente nas últimas décadas, impulsado pola actitude positiva dos consumidores holandeses cara o viño, aínda que nos últimos anos o crecemento retardouse. Tamén hai máis interese en viños de calidade/de orixe/de autor, catas e cursos enolóxicos. Cada holandés consome aproximadamente 21 litros de viño por ano (2014), unha cifra media a nivel europeo. A maioría do consumo de viño provén de Francia (31%), mentres España prové o 9%.

Segundo as investigacións existe unha tendencia diverxente de consumo. Ao carón hai consumidores informados, en xeral cun alto poder adquisitivo, que tenden a comprar viños tintos, rosados e brancos de mellor calidade. Alén, o prezo medio que o holandés está disposto a pagar por unha botella de viño é aínda bastante baixo con 3,44 euros, o que se explica por unha tendencia a maior consumo de viños baratos. A maioría dos consumidores holandeses compra os seus viños no supermercado. A ampla dispoñibilidade e as intensas promocións son aspectos importantes para o crecemento en volume.

Existen certas oportunidades de mercado na sedución do consumidor holandés cara a mellores viños. Actualmente o 5% dos viños véndense por internet e esta cifra tende a aumentar anualmente. Constitúe unha alternativa interesante para a exportación directa de viños de calidade dende a adega ao consumidor (B2C). Outras oportunidades de exportación atópanse no mercado biolóxico/orgánico (certificado), a exportación de viños con certificado de calidade (ISO), certificación social (ISO) e, ao outro extremo, a produción de viño a granel (con tapas a rosca).

A misión comercial

O esquema destes encontros consistirá na organización de xuntanzas individuais con compradores convidados, e encontros colectivos e presentacións, asemade, organizaranse visitas ás adegas das empresas inscritas.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas ou visitas, así como a difusión previa do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores invitados.

Máis información

Para inscrición ou calquera información adicional poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou non teléfono 981 556 062.