×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de accións Meet the buyer está a organizar, coa colaboración do IGAPE, unha unha misión inversa, entre os días 13 e 14 de outubro do 2016, coa visita a Galicia de varios importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas de EEUU e Canadá.

O mercado estadounidense

Os Estados Unidos, cunha poboación de 321,6 millóns de habitantes, continúan a ser o primeiro socio extracomunitario de España e o sexto a nivel. En 2015, as exportacións de bens a EE.UU. acadaron os 10.324 M€, un 4,5% do total das exportacións españolas.

O sector alimentario é o terceiro sector cun maior peso no conxunto das exportacións. Dentro do mesmo destacan especialmente as exportacións de viños; aceite de oliva; hortalizas conxeladas; produtos lácteos, ovos e mel e os peixes e crustáceos.

O mercado canadense

Canadá ocupou no ano 2015 o posto nº8 no ranking de países destino das exportacións de alimentos e bebidas españolas fóra da Unión Europea. Cunha poboación que supera os 35 millóns de habitantes e niveis de renda crecentes Canadá representa un mercado de oportunidades para os produtos agroalimentarios galegos.

O maior volume de vendas da industria española de alimentos e bebidas a este mercado son de viño, representa en 2015 un 57,8% das exportacións españolas a este destino. Séguenlle as exportacións de aceitunas; produtos cárnicos porcinos e as conservas de peixe. As conservas vexetais en vinagre, os queixos e as conservas de froitas figuran entre los primeiros 10 produtos de exportacións españolas.

A misión comercial

O esquema destes encontros consistirá na organización de xuntanzas individuais con compradores convidados, e encontros colectivos e presentacións, asemade, poderán organizarse visitas ás fábricas das empresas inscritas.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas ou visitas, así como a difusión previa do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores invitados.

Máis información

Cluster Alimentario de Galicia: info@clusaga.org / 981 556 062.

O prazo de pre-inscrición é limitado ata o dia 30 de setembro 2016.

Convocatoria Inscrición