×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de accións Meet the buyer, coa colaboración do Shanghai Galicia Business Consulting Co Ltd, están a organizar unha misión inversa, entre os días 26 a 29 de setembro de 2016, coa visita a Galicia de varios importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas de China.

O mercado chinés

China, cunha poboación de máis de 1300 millóns de habitantes e unha crecente clase media sitúase como o mercado potencialmente máis grande do mundo.

As exportacións españolas a China incrementáronse nos últimos anos; situándose o crecemento interanual en 2015 nun 8,8%. O sector de alimentos e bebidas é un dos que observou un crecemento significativo, representando en 2015 o 18,3 % das exportacións totais fronte ao 10,5% que representaba en 2013.

Dentro deste sector destacan especialmente os produtos cárnicos (7.4%), graxas e aceites (2.8%), viños (2,5%) e produtos hortofrutícolas (1,1%).

A misión inversa

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha o varias entrevistas ou visitas, así como a difusión do perfil da empresa entre os compradores participantes. As modalidades de participación inclúen a visita a fábricas en Galicia, encontros e entrevistas en Santiago de Compostela.

Máis información e pre-inscripción

Clúster Alimentario de Galicia: info@clusaga.org / 981 556 062.

O prazo de pre-inscrición é limitado ata o dia 15 de setembro.

Convocatoria Inscrición