×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), dentro do programa Meet the Buyer está a organizar unha misión comercial inversa para o sector vitivinícola os días 28 e 30 de xuño de 2016, coa visita a Galicia dunha delegación de cinco importadores e distribuidores de Bélxica. A finalidade do programa desenvolto polo clúster é estreitar relacións comerciais cos distribuidores destes mercados para impulsar as exportacións dos viños galegos a Bélxica.

O mercado do viño en Bélxica

O mercado belga segue sendo moi interesante para os viños españois, xa que a poboación presenta cada vez maior interese polo mundo do viño. O coñecemento en materia vitivinícola creceu nos últimos anos e os belgas dedican cada vez maior cantidade de diñeiro a este tipo de produto. No en tanto, é preciso considerar a enorme madurez do mercado na actualidade, así como a forza que continúa tendo a cervexa como principal bebida de consumo habitual.

A demanda de viño segue crecendo constantemente, mostrando unhas cifras moi positivas de ano en ano, aínda que sen chegar a desbancar aínda á cervexa como produto estrela do país. Doutra banda, os licores e as bebidas non alcohólicas están a ter cada vez mellor aceptación por parte dos consumidores.

O viño español conta en Bélxica cun total de 300.000 consumidores regulares e 1,2 o millóns de consumidores ocasionais, o que representa un 36% do total das persoas que toman viño con asiduidade neste país.

A misión comercial

O esquema destes encontros consistirá na organización de xuntanzas individuais con compradores convidados, e encontros colectivos e presentacións, asemade, organizaranse visitas ás adegas das empresas inscritas.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas ou visitas, así como a difusión previa do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores invitados.

Máis información

Para inscrición ou calquera información adicional poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou non teléfono 981 556 062.