×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), dentro do programa de accións Meet the buyer e coa colaboración do IGAPE, está a organizar unha misión inversa, entre os días 14 e 16 de marzo, coa visita a Galicia de entre dous e catro importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas en Alemaña.

O mercado de Alemaña

Alemaña, cunha poboación de 80,62 millóns de persoas, é a cuarta economía máis poderosa do mundo. Para España, Alemaña é o noso segundo principal importador de bens e servizos, despois de Francia, polo que este mercado resulta de especial interese. O alimentario é, logo dos produtos manufacturados e o automobilístico, o sector que ten un maior valor dentro das exportacións.

Os produtos alimentarios máis exportados a Alemaña son as froitas, hortalizas e legumes (21,9% das exportacións hortofroitícolas totais), seguidas das bebidas (principalmente o viño) e os produtos cárnicos.

A misión comercial

A misión desenvolverase os días 14,15 e 16 de marzo de 2017.

O esquema destes encontros consistirá na organización de xuntanzas individuais con compradores convidados, e encontros colectivos e presentacións, asemade, poderán organizarse visitas ás fábricas e bodegas das empresas inscritas.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas ou visitas, así como a difusión previa do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores invitados.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en international@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Convocatoria Inscrición