×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), no programa de accións Meet the buyer e co apoio do IGAPE, está a organizar unha misión inversa, entre os días 6 a 8 de marzo de 2018, coa visita a Galicia de catro importadores e distribuidores de produtos alimentarios e bebidas en China.

A finalidade do programa desenvolto polo clúster é a promoción no mercado chinés dos produtos alimentarios e bebidas galegas, así como reforzar a súa presenza no mercado a través dos importadores convidados.

O mercado chinés

O xigante asiático ocupa o primeiro posto no ranking de exportacións mundiais por ser o país que conta coa maior poboación, coa maior clase media do mundo e coas mellores previsións de crecemento de gasto futuro.

Deste xeito China desbancou aos Estados Unidos (EEUU) como o país que máis oportunidades ofrece para exportar alimentos e bebidas, segundo un estudo realizado pola consultora Deloitte. O informe, Vademecum on Food and Beverage Markets 2016, analiza os mercados con maiores oportunidades de exportación e negocio para as empresas do sector e identifica os máis atractivos. China ocupa o primeiro posto do índice de atractividade segundo este informe anual.

China foi o mercado onde máis creceron as exportacións españolas no ano 2017 (29,4% con respecto ó ano anterior). 5.788 millóns de euros en vendas ó país asiático dende xaneiro a novembro de 2017. No mesmo período do ano anterior España exportou a China 4.473 millóns de euros.

A misión inversa

A misión desenvolverase os días 6, 7, e 8 de marzo de 2018.

A participación nestes encontros inclúe unha axenda personalizada dunha ou varias entrevistas, encontros ou visitas, así como a difusión do perfil da súa empresa entre os compradores participantes, mediante o directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores convidados.

Modalidades: As modalidades de participación son a visita a fábricas e bodegas en Galicia, encontros e entrevistas en Santiago de Compostela

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en international@clusaga.org ou no teléfono 629 991 023. O prazo de pre-inscrición é limitado ata o dia 23 de febreiro.

Inscrición Convocatoria