×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A UE - Indonesia Business Network (EIBN) organiza a misión comercial de alimentos e bebidas a Indonesia coa participación na SIAL inter FOOD 2016, dende o 8 ao 13 de Novembro, en Jakarta (Indonesia), unha misión que ten coma finalidade ofrecer ás empresas europeas, en particular PEMEs, a oportunidade de establecer contactos cos principais axentes de negocio de Indonesia. Nesta misión, o Cluster Alimentario de Galicia colabora na organización da participación das empresas galegas.

O mercado de alimentos e bebidas en Indonesia

O sector de alimentos e bebidas de Indonesia estase vendo impulsado polo aumento de ingresos dos habitantes de clase media que viven nas cidades e a súa preocupación por unha dieta máis variada, o que fai que demanden cada vez máis produtos importados, dando así lugar a un incremento considerable na infraestrutura minorista en forma de centros comerciais e hipermercados.

Para a clase media de consumo de Indonesia estimase un crecemento de 100 a 140 millóns de persoas en 2020, sendo os alimentos e bebidas un dos principais motores da economía doméstica contribuíndo con máis do 7% ao PIB sendo unha economía que é, en gran parte, impulsada polo aumento do consumo das familias, polo que o potencial do mercado para a alimentación e bebidas só está medrando.

SIAL Inter FOOD 2016

A SIAL INTERFOOD é o produto de colaboración entre as dúas potencias máis fortes da industria de alimentos e bebidas: SIAL GROUP, a maior rede de exposición de alimentos do mundo e INTERFOOD, líder de alimentos e exposición de bebidas en Indonesia. Esta asociación demostrou ter un éxito rotundo na primeira edición do 2014 que trouxo preto de 35.000 visitantes e preto de 40.000 visitantes no ano 2015.

Este ano, a SIAL INTERFOOD realizarase do 8 ao 12 de novembro na Exposición Internacional de Jakarta Kemayoran (Indonesia), onde as empresas europeas están convidadas a participar co obxectivo é introducir produtos europeos de alimentos e bebidas ao mercado indonesio. Na exposición estarán presentes consumidores finais, distribuidores e importadores, así coma empresas de venda polo miúdo.

Modalidade de participación

A UE-Indonesia Business Network facilitará unha serie de actividades e servizos para dar a oportunidade as empresas europeas a presentarse e atoparse cos seus consumidores finais e potenciais importadores. O EIBN pode fornecer información de mercado e axudar ás empresas europeas in situ cunha axenda de reunións con potenciais socios locais (Importadores, distribuidores, empresas de venda polo miúdo, etc.).

Asemade, as empresas de alimentos e bebidas produtoras e distribuidoras participantes poden facer mostras e degustacións de produtos dentro do pavillón de Europa, talleres e presentacións e tamén un espazo de reunións B2B.

Custes de participación

A participación por cada empresa suporá un custo de 1.400€ o cal inclúe un stand no pavillón da UE na SIAL INTERFOOD. A taxa de participación inclúe stand no pavillón da UE na feira SIAL INTERFOOD; acceso a eventos relacionados e axenda de reunións. Ademais, EIBN vai definir reunións de negocios individuais de acordo co interese demostrado, a ter lugar durante a misión.

As empresas socias do Clúster Alimentario de Galicia recibirán o apoio na xestión e un desconto na taxa de participación.

Programa