×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

No ámbito do proxecto Job Days da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, o Clúster Alimentario de Galicia, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT) e o EURES Transfronteirizo Galicia-Norte Portugal (EURES-T), xunto co Instituto do Emprego e Formação Profissional de Portugal e a Xunta de Galicia están a organizar un Job Day Agroalimentario, que terá lugar no día 27 de outubro de 2015, dedicado a facilitar o encontro entre empresas e profesionais do sector agroalimentario promovendo deste xeito a mobilidade laboral e a contratación na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Neste JOBDAY as empresas e asociacións participantes terán á súa disposición unha Área de Exposición para empresas, onde poder:

  • Intercambiar información cos candidatos ás vacantes ofertadas.
  • Entrevistar ós candidatos cuxo perfil se adapte mellor ó posto de traballo ofertado.
  • Divulgar as ofertas de emprego nas páxinas web dos organizadores.

Ademais dunha Área de Sesións Informativas-Debate (Workshops), onde poderase obter información sobre:

  • Período de financiamento comunitario 2014-2020 na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Apoios ás empresas;
  • Contactos con outros empresarios do sector;
  • Homologación de títulos de Formación Profesional – presentación de boas prácticas;
  • Mobilidade e Mercado de Traballo Transfronteirizo na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O encontro estará financiado pola GNP,AECT, con cargo ao Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP)

Programa