×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O 12 de Setembro terá lugar o III Simposio Internacional enfocado a aplicación da Industria 4.0 no sector Agro-Mar-Alimentario co fin de avanzar cara a Fábrica Intelixente do Futuro. O evento realizaráse en ANFACO-CECOPESCA e Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria, en Vigo.

A industria 4.0

A Industria 4.0 é un concepto que se enmarca dentro da cuarta revolución Industrial, na cal se expón a idea de dixitalizar, intercomunicar e coordinar tódolos elementos produtivos das cadeas de valor industriais. Con iso permitirase adaptar os recursos en función das necesidades asignándoos dunha forma máis eficaz e eficiente, reducindo así os residuos xerados e empregando soamente aquilo indispensable. Este enfoque suporá un novo fito industrial que propiciará cambios socioeconómicos nos próximos anos, favorecendo a aqueles que se adianten e impulsen a súa implantación.

Ante os desafíos actuais do sector Agro-Mar-Alimentario relacionados coa implantación de novas solucións aliñadas coa filosofía 4.0 en materia de innovación, mellora da eficiencia dos procesos, automatización e robotización, flexibilidade e personalización da produción, desenvolverase, en setembro de 2016, un Simposio Internacional enfocado a dar a coñecer as diferentes aplicacións da Industria 4.0 no sector.

A través da organización deste Simposio preténdese crear un punto de encontro para a transmisión do coñecemento tecnolóxico e das diferentes oportunidades existentes para a industria mariña e alimentaria, abordando aspectos como a robotización de liñas produtivas, as comunicacións intelixentes e xestión dos datos en produción, os procesos simulados e a produción customizada. Tamén se presentarán novos modelos de negocio baseados en Industria 4.0, onde se presentarán, entre outras, as oportunidades que pode ofrecer a impresión en 3D aplicada ao ámbito alimentario.

Máis información

Poden obter máis información sobre a xornada no teléfono 986 469 301 e no enderezo electrónico imasd@anfaco.es.

Programa Inscrición