×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

AEI Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) xunto coa participación dos centros tecnolóxicos e de coñecemento: Fundació Eurecat e a Universidade de Santiago de Compostela - Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (USC-APLTA) organizan o segundo workshop: Innovación en alimentos e nutrición infantil desde un entorno colaborativo virtual.

Trátase da segunda fase de presentación dun proxecto financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade o cal busca promover a competitividade das empresas a través da colaboración nun entorno virtual aberto (plataforma) facilitando o desenvolvemento de procesos colaborativos de apoio á innovación, con vistas a facilitar a elaboración a nivel piloto de alimentos novos ou mellorados destinados á poboación infantil, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Asemade neste proxecto participan cinco PEMES alimentarias asociadas a Clusaga: Innolact, Campomayor, Portomuiños,Freshcut e Daveiga. A nivel aplicado o proxecto permitirá o desenvolvemento a nivel piloto de novos ou mellorados produtos alimentarios, incorporando as demandas, preferencias e necesidades específicas da poboación infantil no ámbito da alimentación, saúde e nutrición. O proxecto, busca a colaboración e creación de redes (plataforma virtual de innovación) de empresas alimentarias, de ingredientes alimentarios, de distribución e Horeca, organizacións de consumidores, con organismos públicos, centros de coñecemento para a realización de actividades innovadoras e de desenvolvemento industrial no ámbito da alimentación e nutrición infantil.

Inscrición Programa