×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia celebra o 1 de xuño o II Foro Galicia Alimentación cuxo obxectivo é analizar as estratexias e desafíos de futuro do sector galego alimentario e das bebidas no horizonte 2020 en particular a innovación, os mercados e as novas tendencias de consumo.

Nesta edición contará como relatores principais con D. Luis M. Pasamontes, New Business Development Manager en Nielsen España; D. Carlos Moro González, Presidente do Grupo Matarromera e D. Ignacio González Hernández, CEO de Nueva Pescanova.

Por outra banda, na mesma cita terá lugar o acto de entrega dos III Premios Galicia Alimentación co obxectivo de contribuír a promocionar os produtos alimentarios e as bebidas, os proxectos e as empresas e institucións relacionadas, mellorar a súa imaxe e posición de maneira que adquiran unha importancia relevante tanto dentro do sector, como da sociedade galega en xeral.

Están convocados directivos de todo o sector empresarial agrícola, gandeiro, pesqueiro e da industria alimentaria, así como os representantes de investigación e innovación das universidades e centros tecnolóxicos galegos xunto con asociacións sectoriais e outras entidades relacionadas co sector.

O acto terá lugar o dia 1 de xuño de 2017 no auditorio do Edificio CINC na Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

Convite Programa Inscrición Plano