×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A tendencia do saudable ou funcional é sen dúbida unha oportunidade para que o sector alimentario poida fomentar estratexias para ofrecer produtos máis sans. Algunhas estratexias de éxito neste esquema están relacionadas coa innovación en alimentos saudables, maior transparencia sobre a composición dos alimentos, estratexias de comercialización adecuadas, e adaptación ao que o consumidor realmente está a buscar.

As decisións de compra tamén se están facendo cada vez máis complicadas. Os consumidores teñen en conta o contido nutricional dos alimentos, así como os beneficios para a saúde do que consomen, por iso a industria alimentaria precisa atopar fórmulas que faciliten a súa decisión de compra, permitíndolles tomar decisións informadas e comprender os beneficios de ingredientes e alimentos particulares entre outros.

Ademais moitos consumidores están a buscar opcións diversas para facer que o que consomen lles axude a previr problemas de saúde. Por iso é fundamental innovar e prover produtos que incorporen solucións de saúde de forma fácil e conveniente para incrementar o interese dos consumidores. Neste ámbito faise máis necesario se cabe a colaboración co sistema de saúde para comprender que necesitan os consumidores, para o desenvolvemento de novos alimentos mais saudables, funcionais e para comunicar os seus beneficios correctamente.

Co fin de mellorar o coñecemento neste eido e dinamizar a colaboración e innovación aberta, o Clúster Alimentario de Galicia, CLUSAGA, organiza está xornada en colaboración coa Axencia de Coñecemento en Saúde, ACIS e co Servizo Galego de Saúde, SERGAS.

A xornada estará aberta á participación de xerentes e directores de I+D+i e produto de empresas alimentarias, investigadores no eido da saúde, tecnólogos de alimentos de empresas, centros de investigación e tecnolóxicos, así coma de outras entidades e organizacións relacionadas coa saúde e a alimentación.

Programa Relatores Inscrición