×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Ponentes internacionais da industria dos alimentos e os ingredientes, organizacións de investigación e a academia compartirán as súas visións sobre o desenvolvemento novo e futuro de produtos en dous días adicados á innovación na industria alimentaria: a Food Valley Summit (Países Baixos) terá dúas temáticas centrais: Proteínas sostibles (10 de outubro) e Deportes e nutrición (11 de outubro).

Nesta edición o Clúster Alimentario de Galicia Clusaga participará organizando unha misión de estudo para as empresas e entidades socias interesadas e, en particular, as participantes nos proxectos New Frontiers in Food Fast Forward NF4 e Innovation in Personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economyInclusilver.

Presentación do proxecto New Frontiers in Food

Ademais, en paralelo, o 11 de outubro de 2018 dedicarase unha sesión específicamente aos socios do proxecto New Frontiers in Food NF4 baixo o título de Novos mercados fóra de Europa en 2018-2019. Durante a sesión, presentaranse as facilidades que reciben as PEMEs do proxecto NF4, incluíndo as próximas misións a mercados internacionais.

As entidades, organizacións e empresas visitantes dos países obxectivo: Brasil, Canadá, China e EE. UU, terán a oportunidade de presentar os seus servicios, produtos, etc. específicos nun entorno interactivo que permitirá o intercambio de contactos e a creación de relacións para a entrada no mercado e / ou colaboración de innovación.

Así mesmo, as PEMEs socias do Clusaga e dos outros clústers participantes no proxecto NF4 terán ocasión de presentar a súa empresa, produto, ingrediente, tecnoloxías e / ou servicios.

Reunións bilaterais Meet & Match

Durante os dous días das Food Valley Summit, a Enterprise Europe Network (EEN) ofrecerá os servicios de matchmaking B2B con reunións internacionais dos participantes.

Máis información

Pode consultar máis información e condicións de participación en info@clusaga.org

Máis info 10 Out Máis info 11 Out Inscrición