×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Expo Food Valley organiza a súa duodécima edición os días 12 e 13 de outubro de 2016 en Papendal, Arnhem. O programa ofrece oportunidades interesantes para a creación de redes, intercambio de coñecementos e coñecer a novos socios comerciais, destinado tanto para empresas alimentarias como para institucións técnicas ou organismos gobernamentais.

A Expo ofrece un mostrario das mais novas tecnoloxías alimentarias, empresas innovadoras e clusters do sector. A Expo ofrece visións prácticas, as últimas ideas innovadoras e a posibilidade de ampliar a súa rede profesional, mediante obradoiros, exposicións, foros e encontros B2B, ademais de visitas de negocios. Tamén conta cunha entrega de premios, considerados un dos premios á innovación máis cobizados.

Este evento anual consolidase coma o principal evento de networking agroalimentario de Holanda, unha cita para todos os profesionais do sector alimentario e industrias relacionadas, contando a edición de 2015 contou coa presenza de 900 profesionais do sector a nivel global.

Esta edición centrarase en temas como innovacións en proteínas sostibles, nutrición personalizada, novas tecnoloxías alimentarias e seguridade alimentaria. Ademais da exposición, o programa incluirá presentacións sobre os últimos avances científicos así como as innovacións postas en marcha por parte de institucións e empresas.

A misión do Clúster Alimentario de Galicia

O Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración coa European Enterprise Network, e co apoio do IGAPE organizará unha misión tecnolóxica para a participación na feira, recibirán o apoio na xestión e na inscrición á feira e da participación nas actividades paralelas.

Mais información

Para calquera información adicional poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou non teléfono 981 556 062.

Impresións da Food Valley Expo 2015.

Food Valley Expo