×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O FIAB, xunto co ICEX España Exportación e Inversións, organiza a oitava edición dos Encontros de Distribución con Compradores Estranxeiros Alimentaria Food & Drink Business Meetings, que se celebrará dentro da feira Alimentaria 2016 en Barcelona, do 25 ao 28 de abril.

O obxectivo do evento é promover a exportación do sector alimentario español e fomentar as relacións comerciais. Para iso, contarase cun importante número de compradores procedentes de todo o mundo, divididos en catro grandes macro áreas: América Latina, Norteamérica+Oceanía+Outros (Rusia), Asia e África+Oriente Medio.

Os participantes contarán con:

  • Unha axenda personalizada de entrevistas cun mínimo de 3 entrevistas, independentemente do número de áreas seleccionadas.
  • A difusión do perfil da súa empresa entre os compradores de tódolos países participantes na área seleccionada, a través do directorio de empresas participantes que se facilitará aos compradores invitados.
  • Servizo e apoio permanente da secretaría do proxecto.
  • Invitación a participar no cóctel-cena durante a celebración de Alimentaria.

O prazo límite para formalizar a inscrición finaliza o 15 de febreiro de 2016.

Convocatoria Inscrición