×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

ICEX España Exportación e Investimentos organizará un Pavillón Oficial de España na feira FOODEX JAPAN, que terá lugar do 7 ao 10 de marzo de 2017 no recinto feiral Makuhari Messe International Convention Complex (Makuhari Messe) de Chiba (Tokio) para tódalas empresas españolas de alimentación e bebidas.

Foodex Japan

A próxima será a 42ª edición desta feira internacional dedicada aos sectores de alimentación e bebidas, e a 27ª edición consecutiva na que ICEX organiza un Pavillón Oficial nesta feira. Trátase dunha feira de periodicidade anual e, dende a súa primeira edición no 1976, está dirixida a un público exclusivamente profesional. Atrae a un gran número de compradores líderes do sector da alimentación, abarcando dende maioristas a minoristas, supermercados, catering, importadores de bebidas, restauración, etc.

A feira FOODEX é a maior feira agroalimentaria que ten lugar na zona Asia - Pacífico, incluíndo Oceanía, constituíndo un importante escaparate para as empresas interesadas en introducirse no mercado xaponés e asiático en xeral e/ou consolidar a súa presenza nos mesmos.

Da pasada edición do 2016 obtivéronse grandes resultados, unha superficie de exposición 31.101 metros cadrados na cal participaron 1.262 expositores xaponeses e 1.935 estranxeiros procedentes de 78 países e rexións. A Feira acudiron 76.532 visitantes profesionais.

O mercado xaponés de alimentos e bebidas

Trátase dun dos grandes mercados do mundo. Conta con mais de 127 millóns de habitantes cunha alta capacidade adquisitiva e ten unha gran dependencia en produtos alimentarios, o que o converte nun gran importador. Destacan algunhas das seguintes características:

Xapón posúe unha concentración xeográfica da poboación e dos grandes centros de negocios cunha rede moi sofisticada de distribución.

Terceira economía mundial por tamaño de PIB. O marco económico actual permite un maior gasto e proxección económica de crecemento a curto e medio prazo.

Acceso con relativa baixa protección arancelaria, pero moi esixente que require preparación, adecuación, constancia e coñecemento das prácticas empresariais, comerciais e culturais.

Posibilidades notables para a exportación española de alimentos, xa sexa polo seu volume ou pola súa taxa de crecemento son os cárnicos (crecemento dun 356% nos últimos anos); Viños cun 48%, debido á boa relación calidade - prezo dos viños españois. Aceite de oliva cun crecemento do 144%. O mercado xaponés tamén demanda conservas de pescado e marisco, a pesares da importante produción local, e de vexetais.

O consumidor xaponés destina a alimentación mais dun 22% dos seus ingresos, sendo a súa primeira fonte de gasto. Ten preferencia polos produtos de alta calidade que ademais sexan beneficiosos para a saúde. Ademais é moi esixente no packaging e na súa presentación. Por iso, o umbral de prezo que estará disposto a pagar por un produto será elevado.

Inscrición

A inscrición deberá ser exclusivamente online, para o cal, as empresas deberán estar dadas de alta no portal (www.icex.es). A data de inscrición finaliza o 5 de setembro.

Mais información

Para calquera dúbida poden contactar coas persoas responsables do ICEX neste Pavillón serán Pilar de Llano (pilar.dellano@icex.es) e Amparo Fraguas (amparo.fraguas@icex.es). Tamén poden contactar no seguinte teléfono 91 3496360 / 3496416.

Convocatoria