×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia CLUSAGA co apoio do IGAPE continúa no 2015 co programa de accións de internacionalización dirixido a impulsar as vendas nos diferentes mercados estratéxicos.

Neste caso, convócase a Misión Directa no marco da Feira Food Ingredients Europe (1-3 de decembro de 2015 París, Francia), a súa vez colaborando coa Federación Española de Industrias de la Alimentación y Bebidas FIAB que organiza por décima vez a participación na feira no Pavillón Español.

Food Ingredients Europe

É a principal feira do sector de ingredientes alimentarios en Europa. Ten lugar cada dous anos con carácter itinerante (París, Londres e Frankfurt) e este ano celebra a súa decimo novena edición en París, Francia.

Conta cunha amplitude de subsectores representados: acidulantes, aditivos, aminoácidos, antioxidantes, panadaría e pastelaría, manteigas e ingredientes para untar, cereais, queixo, chocolate e cacao, doces, colorantes, cultivos e fermentos, lácteos, ovos, fibras e dietéticos, encimas, ingredientes en cápsula, aceites esenciais e óleo resinas, substitutos de graxas, graxas, peixe e marisco, aromas e sabores, alimentos funcionais, froita, xeles e gomas, produtos non modificados xeneticamente, especias e salsas, estabilizadores, lecitina, cárnicos e pito, minerais, froitos secos, nutracéuticos, orgánicos, pasta, fosfolípidos, conservantes, proteínas, sementes, soia, viños e licores, azucre, siropes e edulcorantes, vexetais, vinagre, vitaminas, fariñas, e outros ingredientes básicos e produtos semi-terminados.

Food Ingredients Europe cobre os ámbitos de I+D, desenvolvemento de produto, mercadotecnia e compras, con profesionais da industria agroalimentaria global.

Participación na feira (organizada por FIAB)

A cota de participación cunha caseta de 12 ou 24 m2 no Pavillón Agrupado español. Dado que o espazo está limitado a 14 empresas, terase en conta á hora da participación na feira, a orde de entrada de inscrición e pago, así como o feito de que no pavillón estea representada unha oferta variada de produtos españois.

Participación na misión directa (organizada por CLUSAGA)

A misión directa do Clúster Alimentario de Galicia inclúe o apoio á elaboración da axenda individualizada e conxunta con actividades adicionais e o apoio aos custos de viaxe, aloxamento e participación ata o 70%, suxeita a un número mínimo de participantes e da confirmación de apoio do IGAPE. A inscrición na misión é independente da participación na feira.

Mais información

Para calquera aclaración ou información adicional, poden contactar con: info@clusaga.org ou no 981556062. Data límite inscrición na misión directa 30 de outubro.