×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

ICEX España Exportación e Inversións organiza a participación española con pavillón oficial na feira ANUGA que terá lugar no recinto feiral Kölnmesse de Colonia (Alemaña) do 7 ao 11 de outubro de 2017.

A Feira Anuga

A Feira Anuga de 2017 é a edición 34 desta feira internacional que xunto coa Sial Paris é a maior feira de alimentación e bebidas organizada en Europa. Esta Feira, celébrase con carácter bianual e está orientada tanto ao retail como ao food service.

Na edición pasada en 2015, a feira obtivo unha participación record contando coa presenza de máis de 160.000 visitantes de 192 países diferentes. O principal obxectivo desta feira é coñecer as novas tendencias e produtos, progresos do mercado e novos provedores.

A Feira conta con dez eventos especializados dentro do sector agroalimentario: Anuga Fine Food; Anuga Drinks; Anuga Chilled Food & Fresh Food; Anuga Meat; Anuga Frozen Food; Anuga Dairy; Anuga Bread & Bakery, Hot Beverages; Anuga Organic; Anuga Culinary Concepts.

O mercado alemán

A Unión Europea segue a ser o principal destino das exportacións de alimentación e bebidas. Cinco países europeos (Alemaña, Portugal, Francia, Italia e Reino Unido) concentran máis do 60% das exportacións de alimentación e bebidas de España.

Alemaña é o segundo socio comercial de España, despois de Francia. Lonxe de decrecer, obsérvase un incremento dos intercambios entre ámbolos dous países. Neste sentido, o sector da alimentación xoga un papel fundamental xa que supón o 17% de tódalas exportacións a Alemaña.

Os produtos máis exportados foron en 2015 froitas e hortalizas, seguidos de bebidas (principalemente viño) e produtos cárnicos.

Inscrición

A inscrición debe facerse a través da páxina web de ICEX. Data límite de inscrición 6 de febreiro 2017.

Para máis información pode consultar a Patricia Bezos a través do seguinte enderezo electrónico patricia.bezos@icex.es.