×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O vindeiro 26 de maio vai ter lugar o Encontro Empresarial Tour d’Europe 2016 na cidade de Estocolmo (Suecia) dirixido a empresas europeas do sector da alimentación e bebidas interesadas en establecerse no mercado sueco, finlandés e danés.

Este tipo de evento é unha iniciativa da Rede Europea de Empresas Enterprise Europe Network, co obxetivo de conectar a compradores e produtores do sector da alimentación e bebidas.

O ano pasado, o proxecto piloto Tour d’Europa resultou ser de grande éxito, xa que os produtores de alimentos e bebidas de toda Europa chegaron a Edimburgo para encontrarse con compradores de Escocia, e expoñer os seus produtos. Como resultado de iso, organizouse unha segunda edición da xira en Rotterdam, onde se levaron a cabo asemade reunións entre compradores e produtores.

Tour d’Europe 2016 -Estocolmo

O evento Tour d’Europa porase en marcha en toda Europa, e a seguinte parada é Estocolmo, onde vanse a organizar reunións B2B entre os principais importadores e distribuidores de Suecia, Finlandia e Dinamarca coas empresas alimentarias europeas.

O encontro permitira realizar mostras de produtos para chamar a atención aos compradores e ao distribuidores interesados e manter encontros B2B concertados con antelación ao evento. Para rexistarse é necesario rexistrar e publicar o perfil completo e detallado con imaxes dos produtos, co fin de poder recibir por parte dos compradores unha solicitude de reunión individualizada.

Mais información e rexistro

Jana Vavrinova Axencia Galega de Innovación - Galactea-Plus, Enterprise Europe Network 981337146 galactea.gain@xunta.es

Rexistro