×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Encontro Agrobiotech Innovación é unha acción do Programa Agrobiotech Innovación, posto en marcha pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Parque Tecnolóxico de Galicia, no que colabora o Clúster Alimentario de Galicia e onde se darán cita as empresas demandantes ou oferentes de produtos, servizos ou tecnoloxías, a administración autonómica, os clústers, as asociacións e os centros tecnolóxicos máis relevantes nos sectores da Biotecnoloxía, Agroalimentación e Biomasa.

O obxectivo principal é xerar un contacto inicial entre empresas compradoras e vendedoras, de modo que se xeren sinerxías positivas de negocio para ambas as partes neste encontro que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, situado en San Cibrao das Viñas, Ourense.

Constará de:

Mesas, relatorios e talleres sectoriais:

Relatorios e talleres prácticos impartidos por expertos sobre temas de interese de máxima actualidade, que se desenvolverán de maneira especializada para cada un dos sectores: biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa.

Reunións one to one:

As empresas e profesionais participantes terán habilitados espazos para agendar encontros particulares cos provedores e clientes target de interese. Habilitarase unha ferramenta na web do programa dúas semanas antes do evento para poder agendar estas reunións.

Área de exposición:

Na carpa do evento habilitaranse espazos para que, de maneira gratuíta, as empresas e profesionais interesados expoñan os seus produtos e realicen demostracións e presentacións. As reservas dos espazos solicitaranse no formulario de inscrición ao encontro.

Road show de proxectos para a procura de investidores:

Facilitarase un espazo onde os emprendedores poidan presentar nun formato áxil de 10 minutos os seus proxectos a potenciais investidores. A participación no road-show solicitarase no formulario de inscrición ao encontro.

Espazo de networking:

De maneira permanente estarán dispoñibles diferentes áreas de networking co obxectivo de favorecer os contactos profesionais e institucionais.

Programa