×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Un dos desafíos actuais que no ámbito dos recursos humanos se presentan ás empresas é atraer ao seu negocio aos mellores talentos e, unha vez dentro, fidelizalos para que continúen a traballar na empresa. Isto é posible a través da creación dunha imaxe de marca, que máis alá de dirixirse cara os consumidores, se dirixe cara os propios empregados ou candidatos. Esta ferramenta, denominada Employer Branding será obxecto de estudo nunha xornada de traballo que o Clúster Alimentario de Galicia está a organizar, conxuntamente con Randstad, o vindeiro 26 de xaneiro.

Esta xornada de traballo contará coa presenza de Andrés Menéndez, Director rexional da Zona Norte de Randstad, que presentará o informe sobre employer branding de Randstad Awards, centrándose especialmente no sector alimentario. Asemade Roberto Cabezas, Director de Recursos Humanos de Queserías Entrepinares, presentará o caso de éxito da súa empresa neste eido logo de ser galardoada polas súas boas prácticas no ámbito laboral.

A xornada de traballo terá lugar o vindeiro 26 de xaneiro no hotel AC Palacio del Carmen, en Santiago de Compostela. A inscrición é de balde.

Máis información no seguinte enderezo info@clusaga.org ou no 981 55 60 62

Inscrición Programa