×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Cluster Alimentario de Galicia organiza o vindeiro 21 de abril unha Conferencia-Xantar coa presenza de D. Enrique Aygües Morosoli, director de exportacións e marketing do grupo CAMPOFRÍO. Asemade é socio e director xeral da empresa AGROMARKETING onde desempeña unha ampla labor como consultor de marketing. A xornada terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen de Santiago de Compostela ás 13:45h e cun custe de inscrición de 35 euros para socios do Cluster Alimentario de Galicia e de 50 euros para non socios.

Enrique Aygües é Licenciado en Xestión Comercial e Marketing, ESIC: Business & Marketing School. Máster e-business, IDE. Como experto neste campo ten unha ampla experiencia no desenvolvemento de campañas de marketing moi exitosas, non só en CAMPOFRÍO, senón tamén en empresas do sector da alimentación de menor tamaño e menos recursos.

CAMPOFRÍO é unha empresa multinacional de alimentación fundada en 1952, líder en Europa en elaborados cárnicos e unha das cinco maiores empresas do mundo neste sector. Na actualidade, España representa o 40% da súa facturación. Mantense á vangarda en innovación e desenvolvemento para crear novos produtos que satisfagan as esixentes demandas dos consumidores. Asemade avogan pola importancia da nutrición nos seus produtos para o benestar das persoas apostando tamén por un plan de sustentabilidade para protexer o planeta.

Programa CV Enrique Aygües