×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia e o Servizo Galego de Saúde Pública (SERGAS) organizan a conferencia: Envellecemento activo e saudable no século XXI, impartido por Alexandre Kalache, Presidente do Centro Internacional de Longevidad-Brasil, experto de talla mundial en cuestións de lonxevidade. O doutor Kalache é un dos pais do concepto de envellecemento activo e está detrás do proxecto de cidades amigables. Os seus coñecementos sobre poboación sénior e nutrición, son chave para acadar os resultados definidos no proxecto INCluSilver que será presentado no prólogo da conferencia.

A xornada dará comezo coa inauguración e benvida aos asistentes. Antes do inicio da conferencia dedicarase un tempo a modo de prólogo para falar da convocatoria de proxectos do programa INCluSilver. O proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía sénior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos de distintos sectores, orientada ao segmento poboacional de máis de 50 anos.

INCluSilver, está sendo desenvolvido por un consorcio de nove clústeres, liderados por Skane Food Innovation Network, de Suecia, e o Clúster Alimentario de Galicia, entre 2017 e 2020. Está financiado en 4.115.121 €, no Programa Europeo de desenvolvemento e innovación Horizonte 2020.O obxectivo xeral do Proxecto INCluSilver é apoiar a colaboración entre grupos de interese clave, en particular empresas, en distintos sectores que facilite o desenvolvemento de ideas innovadoras no ámbito da nutrición personalizada para a poboación sénior.

Posteriormente darase paso ao doutor Alexandre Kalache que abordará a súa conferencia sobre formas de vida activas e saudables para persoas maiores de 50 anos, ademais das súas posturas sobre dar maior protagonismo á poboación sénior, tendo maior autonomía en como e onde querer vivir, que asemade sexan conscientes dos seus dereitos, con maiores oportunidades para acceder aos servicios cos rodean. Segundo Kalache o mundo aínda non está preparado para asumir que a sociedade actual ten unha maior esperanza de vida, fomentando que o número de persoas maiores sexa moito máis elevado que antano.

Inscrición Programa