×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Data: do 29 de febreiro ao 4 de marzo do 2016

Lugar: I.E.S. Sanxillao (Lugo)

Na actualidade, a gastronomía, as actividades desempeñadas na cociña e a hostalaría, así como as propias industrias relacionadas como as de alimentación, biotecnoloxía e farmacia teñen expostos retos científicos impensables hai poucos anos.

Estes retos teñen que ver co estado de benestar da poboación, con maiores expectativas de vida, con hábitos saudables e con actividades humanas sustentables social e economicamente. Ademais, a desexada sociedade baseada no coñecemento demanda información, reflexión e capacidade de decisión e de mellora sobre calquera aspecto da actividade humana e cada día faino con máis intensidade no ámbito da gastronomía. Non só os profesionais, senón tamén os cidadáns queren saber que comen, como se elaboran os produtos que consomen, como se poden mellorar os preparados, como se consegue unha alimentación máis saudable e por suposto, explorar novas fontes de pracer.

Por iso, os profesionais da gastronomía son cada vez máis esixentes na elaboración dos seus pratos e as industrias agroalimentarias e biofarmacéuticas na obtención de novos e mellorados produtos.

Para iso se celebran estas xornadas, coas que se pretende introducir as bases científicas dos procesos máis comúns presentes na cociña a todos aqueles asistentes co fin de mellorar as súas habilidades, aumentar as súas competencias e as súas expectativas de traballo nun sector en auxe como é o da gastronomía, particularmente na nosa sociedade galega cuxa economía está moi ligada aos sectores agroalimentario e de hostalaría.

Programa

  • Bloque 1: Ciencia dos alimentos e a gastronomía.
  • Bloque 2: Pracer e saúde.
  • Bloque 3: Menú degustación.
  • Bloque 4: Arte, ciencia e cociña.
  • Bloque 5: Creatividade na gastronomía e diálogos gastrocientíficos.

Metodoloxía

A xornada combinará unha serie de dinámicas de clase con exposición dos contidos teóricos, desenvolvemento de experiencias prácticas, exercicios sensoriais e demostracións culinarias, demostracións técnicas reais de alta cociña nun menú degustación, debate entre científico e cociñeiro e un taller de creatividade.

Programa Mais información