×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Co fin de ampliar o coñecemento do panorama actual e as claves de futuro aplicado a casos prácticos o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) organiza un ciclo de tres xornadas onde se darán a coñecer as últimas tendencias e novidades a diferentes niveis: comprender as motivacións do consumidor senior, un segmento clave de futuro, coñecer as claves da grande distribución actual e definir unha estratexia promocional efectiva no punto de venda.

Workshop claves do comportamento de compra dos senior. Oportunidades do target senior

Data: 16 de maio 2016

Os targets seniors son estratéxicos tanto para fabricantes como distribuidores pola crecente importancia deste grupo poboacional existindo numerosas oportunidades de mercado; polo que é importante para abordar as necesidades e requirimentos deste grupo demográfico. É un colectivo con grandes diferenzas no comportamento de compra respecto ao resto de colectivos, polo que a adaptación de formatos, a activación do punto de venda, as promocións, a comunicación, o packaging é clave.

O obxectivo é coñecer o comportamento de compra da poboación senior e extraer insights relevantes de como adaptar a estratexia a este target.

Workshop o panorama actual da grande distribución: EROSKI. Claves e oportunidades de colaboración coa grande distribución

Data: 1 de abril 2016

Estar presentes e manterse nos lineais é un reto para os fabricantes. Por iso mellorar o coñecemento dos clientes e as claves da venda no grande consumo, detectando oportunidades en colaboración coa grande distribución permite mellorar o posicionamento no canal cara o consumidor.

Grupo Eroski é unha empresa cooperativa española de distribución con sede en Elorrio, Biscaia, conta con ao redor de 1.600 establecementos de diferentes marcas. En Galicia Vegalsa-Eroski, empresa líder da distribución comercial en Galicia, está participada ao 50% pola familia de Vegonsa e Eroski. As orixes da compañía remóntanse aos anos corenta do pasado século XX, cando o fundador e actual presidente de honra instala en Vigo o seu primeiro negocio de alimentación. Posúe as insignias Eroski Center, Eroski City, Autoservicios Familia, Cash Record e Aliprox.

Algúns dos obxectivos son coñecer cal é o panorama actual da Gran Distribución española, así como as principais motivacións e tendencias do Shopper de Eroski, e entender cales son as prioridades comerciais, da gran distribución e de Eroski, tanto en central como nos supermercados.

Workshop activación do punto de venda. Actividade promocional e merchandising da tenda

Data:14 de abril 2016

A mellora da eficiencia nos plans de actividade promocional e merchandising no punto de venda é imprescindible para responder as necesidades do comprador, diferenciarse e incrementar as vendas da categoría no punto de venda.

Algúns dos obxectivos son destacar a importancia do punto de venda e as tácticas fundamentais para activar as vendas e coñecer os conceptos básicos do proceso promocional e as principais ferramentas do merchandising.

Máis información

Para calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062.

Programa Inscrición