×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, o IGAPE e EUSME Centre organizan un ciclo de workshops sobre as oportunidades e barreiras do mercado chinés de alimentos e bebidas.

O ciclo consistirá en catro xornadas durante as que se abordarán os aspectos claves de mercado tales como as canles de distribución, barreiras técnicas e comerciais, inspección ou certificación. Por outra banda coñecer cales son as mellores estratexias para operar no mercado chinés, así como ferramentas adecuadas para entrar no mesmo e presentar un produto con un marketing adaptado. Asemade, contarase con información de interese específica para os distintos sectores e empresas participantes. Pode consultar a información relativa ao contido dos módulos no programa adxunto.

O formador será Pablo Recio Gracia, director de Eibens Consulting, licenciado en Administración e Dirección de empresas pola Universidade de Granada. Entre 2012 e 2014 foi o director de Gold Millenium Beijing; anteriormente tiña desempeñado a súa actividade profesional en ICEX e Extenda (Axenda de Promoción do Comercio de Andalucía), así como ao servizo de empresas privadas que desenvolven actividade no mercado chinés.

Pablo Recio Gracia, é un orador frecuente en seminarios especializados no sector de alimentación e bebidas tanto en Europa como en China, colaborando con institucións como a European Union Chamber of Commerce in China, o EU SME Centre en Pekín, LIAA, FINPRO ou Bord Bia entre outros.

Pode inscribirse ata o 25 de setembro no seguinte formulario ou en info@clusaga.org e 981556062

Consulte a bonificación de créditos de formación da Fundación Tripartita

Inscrición Programa