×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

ICEX España Exportación e Inversións, organiza en Barcelona dende o 25 ao 28 de abril de 2016, a actividade “Café con Expertos”, a cal terá lugar no marco da Feria Alimentaria 2016, dirixida a empresas dos sectores da agroalimentación e dos viños.

Consiste nunha das sesións xa habituais, dentro do marco de Alimentaria 2016. En elas, nun formato coloquial e en torno a un café, os participantes recibirán información e asesoramento da man dos expertos do ICEX en España e nas Oficinas Comerciais do ICEX no exterior.

Nesta ocasión os países serán: EE.UU., Golfo Pérsico, Indonesia e Reino Unido, con dúas sesións de unha hora aproximadamente para cada mercado. Como novidade nesta edición, inclúense dúas sesións adicionais sobre Mercados Electrónicos.

Destaca as seguintes actividades que poden resultar de interese:

DATA SEMINARIO
25 abril EE.UU. Mercado de alimentos, viños e produtos gourmet
26 abril EE.UU. Mercado de alimentos, viños e produtos gourmet
27 abril Reino Unido. Mercado de alimentos, viños e produtos gourmet
28 abril Reino Unido. Mercado de alimentos, viños e produtos gourmet