×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A presente xornada busca crear un vínculo entre empresas do ámbito TIC e empresas de alimentación galegas que queren aumentar a súa competividade mediante a dixitalización - industria 4.0. O Evento B2B céntrase en reunións bilaterais que serán programadas segundo a dispoñibilidade, os intereses e os obxectivos dos participantes para atopar socios de negocios e tecnoloxía.

Asemade o encontro busca orientar sobre as axudas do Igape destinadas á posta en marcha de proxectos cuxafinalidade sexa o soporte de procesos sectoriais multiempresa, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara áspemes que conforman a súacadea de valor e outros que impliquen necesariamente a interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas oumáispemes galegas.

Por outra banda achegamos un formulario recoller as principais necesidades tecnolóxicas das empresas do sector Agroalimentario para casar as mesmas coas ofertas tecnolóxicas existentes no sector TIC galego de cara á xornada de traballo

Confirmación de asistencia en info@clusaga.org e no teléfono 981556062

Formulario Demanda Programa