×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) organizan o IV BioSpeed Dating en Santiago de Compostela para o próximo 26 de maio, no edificio CIMUS da Universidade de Santiago de Compostela ás 15.30 horas.

A xornada

Este evento trátase da actividade estrela de networking que conecta a tódolos axentes do sector biotech en Galicia, onde ao longo da xornada se desenvolverán unha serie de actividades enfocadas ao networking. Nesta edición, o obxectivo é conectar a dous sectores estratéxicos: biotecnoloxía e alimentación.

A finalidade é a de impulsar a interacción de empresas biotech e empresas alimentarias e de bebidas que busquen ou traballen con aplicacións biotecnolóxicas para os seus procesos de produción ou investigación, desenvolvemento e innovación.

Poden consultar a web do evento na seguinte ligazón.

Máis información

Para consultas pode dirixirse ao CLUSAGA ou BIOGA nos teléfonos 981556062 ou 881120459 ou nos correos electrónicos info@clusaga.org ou info@bioga.org.

Inscrición