×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Fundación Gas Natural Fenosa en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica organiza un Taller de negociación intercultural efectiva para Pemes con vocación internacional os días 10, 11 e 12 de maio nas principais cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela.

O taller encádrase na Aula de crecemento Pemes adscrita ao programa de Primeira Exportación impulsado pola Fundación Gas Natural Fenosa en colaboración co IGAPE.

O taller está deseñado para ser unha formación en negociación comercial para Pemes, atendendo os aspectos de interculturalidade que se dan nos negocios de exportación. A interculturalidade é un aspecto inherente a toda negociación internacional e de exportación, e no taller se analizarán as claves para xestionala, de xeito que a interculturalidade sexa unha oportunidade para os novos negocios.

A sesión contará co poñente Emilio Segura que é o director executivo do Programa Primeira Exportación da Fundación Gas Natural Fenosa, Máster in Business Administration por ESADE, conta con 25 anos de carreira en exportación e negocios internacionais en Pemes e asesora ás empresas do programa.

O taller gratuíto está dirixido a empresarios, xerentes e xefes comerciais de Pemes que queiran afirmar as súas habilidades negociadoras en contornos interculturais.

Programa