×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia en colaboración co EU-Indonesia Business Network (EIBN), organiza unha xornada para o vindeiro 3 outubro sobre as oportunidades de negocio no continente asiático para o sector dos alimentos e bebidas.

Asia o gran mercado de alimentos e bebidas

Asia, como continente, revélase como unha terra de oportunidades para o sector alimentario e das bebidas. De feito, segundo o ranking elaborado por FIAB, China e o conxunto de países englobados dentro do epígrafe Sueste Asiático (Singapore, Vietnam, Filipinas, Indonesia e Malaisia) ocupan os primeiros lugares coma mercados preferentes, en concreto, estes territorios concentran un dos maiores potenciais de crecemento macroeconómico e respecto a exportacións de alimentos e bebidas.

China eríxese coma o obxectivo primordial para as exportacións galegas do sector de alimentación e bebidas grazas á puxanza e crecemento constante que rexistra este mercado asiático. De feito, China é por si soa o terceiro destino das exportacións españolas e rexistra unha das taxas máis elevadas de crecemento no medio e longo prazo. En concreto, nos últimos cinco anos, as exportacións a China incluíndo Hong Kong creceron un 25% nos últimos cinco anos .En cifras xerais, a nosa industria exporta 486 millóns de euros ao ano ao xigante asiático. Mostrándose coma un gran mercado en franca expansión e que goza dunhas boas perspectivas de desenvolvemento. O volume de vendas da industria de alimentación e bebidas nestes países supuxo 365 millóns de euros, experimentando un crecemento do 25%.

Indonesia caracterizase por ser o país máis amplo do Sudeste de Asia e tamén por estar na cabeza dos países máis poboados do mundo, ocupando o cuarto posto con 250 millóns de habitantes. A súa sociedade experimentou un cambio significativo nos últimos anos producido por un forte crecemento da poboación nas urbes e da clase media. Asemade, hai que destacar o significativo crecemento que está a ter o canle HORECA, producido pola rápida expansión das cadeas minorista. De xeito que o crecemento da clase media e alta en Indonesia, unido ó aumento do seu poder adquisitivo, da lugar a un mercado cada vez máis esixente e desexoso de probar produtos innovadores.

Obxectivos

Este taller está deseñado para apoiar a exportación con éxito dos alimentos e bebidas a Asia, sendo os obxectivos da xornada, obter unha visión en profundidade dos principais mercados asiáticos de alimentos e bebidas, coñecer o comportamento dos consumidores deses países, analizar o sistema de acceso e regulamentos de entrada neste sector e os casos de éxito. Asemade de coñecer os apoios á internacionalización empresarial para accións a desenvolver nos mercados asiáticos.

Data: 3 de outubro de 2016

Horario: 10:00 a 13:30h.

Lugar: Ed. FEUGA. Lope Gomez Marzoa. Campus Vida. Santiago de Compostela.

Programa

9.50 Recepción e benvida aos asistentes

10.00 Mercados de Asia para o sector alimentario: oportunidades

Miguel Otero Simón. Presidente da Comisión de Mercados e director MASCOMEX

10.35 China Market oportunites for Galicia Food and Beverages

Yolane Japhet. Shanghai Galicia Bussiness Consulting

11.15 Pausa café

11.35 Food And Beverage Market in Indonesia. Best Practices and opportunities

Sri Kumala Chandra. EU Outreach Manager. EU-Indonesia Business Network

13.05 Mesa redonda. Apoios á internacionalización 2016 foco en Asia

Modera Juan Vázquez Gancedo. Director Bodegas Martín Codax. Presidente do clúster

Mais información

Presentacións individuais de servizos e consultas

Para inscrición ou información poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062. Consultas dispoñibles previa solicitude.

Programa Inscrición