×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O acto de entrega dos Premios Galicia Alimentación terá lugar o vindeiro 1 de xuño na Cidade da Cultura de Galicia, organizado polo Clúster Alimentario de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, celebran a súa terceira edición, consolidándose coma o principal evento do sector alimentario e das bebidas en Galicia.

Os Premios Galicia Alimentación

Os Premios Galicia Alimentación teñen coma finalidade contribuír a promoción dos produtos alimentarios e as bebidas galegas, así coma os proxectos, as empresas e institucións relacionadas, mellorando a súa imaxe e posición de maneira que adquiran unha importancia relevante tanto dentro do sector alimentario coma na sociedade en xeral.

Os aspectos que se valoran para outorgar ditos premios son a traxectoria empresarial ou asociativa, a transferencia de coñecementos tecnolóxicos e I+D nos produtos, así como os procesos que melloren a calidade de vida dos consumidores, a relevancia socioeconómica, o impacto internacional ou o carácter innovador das mesmas.

O fallo do xurado, integrado por representantes do Clúster Alimentario de Galicia, das Consellerías de Economía Emprego e Industria, Medio Rural e do Mar, IGAPE, ACIS, as entidades patrocinadores e as universidades de Santiago de Compostela e Vigo, será feito público no evento e recoñecerá as seguintes categorías:

  • Premio ao proxecto empresarial
  • Premio ao produto innovador do ano
  • Premio á estratexia de mercado e internacionalización
  • Premio á proxección sectorial

Convite Programa Inscrición Plano